Saltar ao contido

Severino Martínez Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSeverino Martínez Barcia
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xuíz, político Editar o valor en Wikidata

Severino Martínez Barcia, nado en Tui, foi un avogado, xuíz e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras e despois Dereito na Universidade Central de Madrid. Membro do Partido Republicano Federal, foi elixido deputado polo distrito de Tui en 1871, 1872 e 1873. Foi xuíz de primeira instancia de Pobra de Seabra (1872), Sanlúcar de Barrameda (1883), Betanzos, Celanova (1883), fiscal da Audiencia de Pamplona, maxistrado de Tinéu, fiscal de Cangas de Onís, maxistrado da Audiencia de Xaén (1895), da de Almería (1901), e da de Granada (1904), maxistrado da Audiencia da Coruña ata 1907 e despois da Audiencia Territorial de Oviedo ata 1910.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de Francisco de Asís Martínez Elda.[2]